Fai Rúa nace coa vontade de rexistrar a memoria colectiva de parte do barrio vello de Vigo, en pleno proceso de transformación, e de rescatar aquelas historias e persoas que construíron a súa identidade. A través de distintas pezas audiovisuais, o espectador poderá gozar dun paseo virtual por esta parte da cidade.
O proxecto irase aumentando ao longo dos anos expandido o seu ámbito de traballo con novos vídeos. É un proxecto cultural sen ánimo de lucro e todos os contidos publícanse baixo licenza Creative Commons, polo que vos convidamos a compartilos en redes sociais ou blogues.
PecharA Asociación Cultural Barrio Alto do Casco Vello de Vigo é unha entidade sen ánimo de lucro e todos os beneficios que se xeren a través das súas accións serán destinados integramente á realización do labor de dita asociación. O barrio Alto é unha toponomia de recente creación que inclúe os barrios da Ferrería, de San Sebastián, o Arrabal de Santiago, as rúas Pracer e Cachamuíña e o campo de Granada.
A Asociación persegue o obxectivo de converter o barrio nun espazo de desenvolvemento sostible e de integración social, polo que a defensa dos intereses dos veciños e comerciantes do barrio son fundamentais, así como a defensa e difusión dos valores culturais, patrimoniais e urbanísticos do Barrio Alto.
Colaborar coa Asociación é moi sinxelo e ademais é totalmente gratuíto. So tes que rexistrarte como membro indicando o teu nome, DNI, correo electrónico e número de teléfono facendo clic na seguinte ligazón.
PecharComo xa dixemos anteriormente, este proxecto non ten ánimo de lucro pero si que nos gustaría que medrase. Para iso precisamos da túa colaboración. Son moitas as historias que quedaron sen rexistrar (a dos túneles do castelo, a da bomba en Abeleira...) moito patrimonio sen recoñecer (a Pinacoteca, o Cat...), moitos veciños por falar e moitos comercios por gravar.
Para elo agradeceremos calquera contribución económica que nos poidades facer. Os métodos que temos dispoñibles para colaborar son unha conta en Paypal e un “bote” no local social da asociación que se atopa na rúa Ferrería nº25 baixo.
PecharAsociación Cultural Barrio Alto do Casco Vello de Vigo.
Tlf. 649 324 824 // 615 258 533
Pechar