Doazóns

Como xa dixemos anteriormente, este proxecto non ten ánimo de lucro pero si que nos gustaría que medrase. Para iso precisamos da túa colaboración. Son moitas as historias que quedaron sen rexistrar (a dos túneles do castelo, a da bomba en Abeleira...) moito patrimonio sen recoñecer (a Pinacoteca, o Cat...), moitos veciños por falar e moitos comercios por gravar.

Para elo agradeceremos calquera contribución económica que nos poidades facer. Os métodos que temos dispoñibles para colaborar son unha conta en Paypal e un “bote” no local social da asociación que se atopa na rúa Ferrería nº25 baixo.

Pechar